O sistema enerxético español podería lograr un aforro en tecnoloxía de preto de 16.500 millóns de euros ata 2030 se aposta pola I+D, segundo un informe do centro de investigación galego Economics for Energy.
n
n
nEste informe, chamado 'Innovación en enerxía en España. Análise e recomendacións', foi elaborado por Economics for Energy, coa colaboración do Instituto de Investigación Tecnolóxica da Universidade Pontificia Comillas e o Belfer Center for Science and International Affairs da Harvard Kennedy School.
n
nSobre a referencia do horizonte 2030, o informe indica que o máximo aforro pode alcanzarse na fotovoltaica, cun potencial recorte dos custos de 8000 millóns de euros, fronte aos 4500 millóns da tecnoloxía de captura e secuestro do CO2.
n
nOs biocombustibles e a solar alcanzan niveis próximos aos 3000 millóns de euros para as estimacións de máximo aforro, mentres que as centrais de gas e a eólica presentan un potencial inferior, por debaixo dos 1000 millóns.
n
nO informe indica ademais que o aforro alcanzado pode chegar a representar 70 veces o investimento, como é o caso da enerxía solar térmica de concentración. A tecnoloxía fotovoltaica e os biocombustibles poden alcanzar tamén retornos moi significativos, de ata 50 e 45 veces o investimento, respectivamente. Os retornos da eólica roldan 14 veces o investimento.
n
nO informe considera ademais que a modificación das políticas públicas enerxéticas podería situar a España como líder de innovación no sector a nivel mundial.
n
nPor este motivo, Economics for Energy reclama un papel "máis activo, completo e flexible da administración pública para gañar competitividade", e asegura que España "ten o potencial necesario para converterse en líder en innovación enerxética a nivel mundial".
n
nPara iso, é necesario que as políticas públicas se reactiven con medidas "máis completas e flexibles", incluíndo "un seguimento máis exhaustivo dos proxectos subvencionados, incentivos á I+D na regulación do sector eléctrico, mecanismos de apoio aos emprendedores innovadores no sector e unha axenda estratéxica que priorice tecnoloxías polas que apostar de xeito decidido".
n
n(Fonte: Europa Press)