O sistema electrónico do prototipo de coche eléctrico presentado na 'Galiciencia 2012' foi o gañador absoluto do certame. Este proxecto foi o vencedor na categoría de Bacharelato e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º e 2º ciclo da ESO. Pablo Dobarro e Carlos Almuiña, do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), fixéronse moi populares en Tecnópole co seu prototipo durante toda a feira, facéndoo circular polas inmediacións e mostrando todas as súas funcionalidades na práctica.
n
n
nO sistema electrónico que o coche leva incorporado consta, entre outros elementos, de control de iluminación, tacómetro de volante incorporado nun AirisOnePad 1000, retrovisor a través dunha cámara de vídeo traseira e ordenador da bordo cuxa CPU é un microPC do tamaño dunha tarxeta de crédito e cun prezo duns 30 euros.
n
nOs gañadores na categoría de 1º ciclo da ESO, Marcos Dalmeida e Gabriel Dapena, do Colexio Alborada de Vigo, foron galardoados por un estudo sobre capturadores solares construídos con distintos metais (cinc, aceiro, ferro galvanizado e aluminio), para comprobar que metal é máis eficiente na recepción e transmisión da calor do Sol. A conclusión do seu estudo foi que o ferro galvanizado é a opción máis eficiente.
n
nNa categoría de 2º ciclo da ESO resultou gañador un proxecto sobre cociñas e fornos solares defendido por Beatriz Rodríguez e Estefanía Villar, do IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña). As alumnas levaron os seus prototipos á 'Galiciencia', construídos con materiais sinxelos e doados de conseguir, como cartón, papel de xornal e papel de aluminio.
n
nCada un dos membros dos tres equipos gañadores levou un e-book que no caso do primeiro premio absoluto se completa co financiamento da viaxe á Exporeçerca, a feira científica de ámbito estatal que se celebra en Cataluña.
n
nO director da Axencia Galega de Innovación, Ricardo Capilla, abriu o acto de entrega de premios confirmando que, a pesar da situación económica, o seu departamento "manterá o investimento, que non gasto", en actividades de divulgación científica". Capilla destacou a "calidade impresionante" dos proxectos presentados este ano e agradeceu o esforzo e a ilusión dos participantes.
n
nUn xurado experto
n
nOs proxectos premiados foron elixidos por un xurado experto formado por corenta persoas, entre os que se atopaban científicos, divulgadores e empresarios de Tecnópole. Despois de visitar os 50 proxectos procedentes de colexios das provincias de Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Barcelona, fixeron as súas avaliacións e coa media das puntuacións elaborouse o ránking final.
n
nTodos estes proxectos estiveron expostos durante tres días no recinto de Tecnópole e recibiron a visita de máis de 2200 persoas, entre grupos de colexios e familias que asistiron por libre.
n
nAdemais da exposición de proxectos, a 'Galiciencia' contou cunha ampla oferta de actividades paralelas que incluíron un taller conmemorativo do Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos; e outro sobre a figura do químico Antonio Casares, homenaxeado este ano no Día do Científico Galego. Tamén se impartiu un taller dedicado ao cerebro e outro sobre a relación entre o cinema e a ciencia, aos que se sumou un planetario móbil.
n
nNo acto de clausura repartiuse a revista oficial da 'Galiciencia', elaborada polos alumnos do taller de periodismo científico (estudantes de Secundaria) celebrado no marco da feira.
n
nAdemais, por primeira vez o certame incluíu un concurso de fotografía sobre a sustentabilidade que tivo como gañadora a Paula Alejandra Hernández, do Colexio Los Sauces (Vigo), coa imaxe titulada "Xustaposición".
n
n(Fonte: Tecnópole)