O sistema antikamikazes para autoestradas presentado na Galiciencia 2013 foi o gañador absoluto do certame, no que competiron 50 equipos de estudantes de toda Galicia e tamén de Barcelona. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes, do IES Xoán Montes (Lugo), presentaron un proxecto de seguridade viaria que foi destacado de xeito unánime polo xurado.
n
n
nOs premios foron entregados polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e polo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela. Conde felicitou a todos os participantes e animounos a "seguir pensando en clave de ciencia, innovación e creatividade" para ser a seguinte xeración de emprendedores de Galicia.
n
nO sistema de alerta de acceso en contrasentido en autoestrada é unha proposta que, segundo os seus creadores, podería ser implantada en toda a rede viaria cun custo moi alcanzable. O obxectivo é avisar os condutores que accedan por sentido contrario a unha autoestrada por erro, despiste ou deficiente sinalización vertical. Basicamente consiste no repintado das liñas brancas actualmente existentes no firme con pintura fotoluminiscente e en relevo (para producir sonoridade). A nova pintura fará que as liñas se vexan de cor branca no sentido correcto da marcha, pero se se entrase en dirección contraria veríase de cor vermella xa dende o mesmo punto de intersección dende a estrada de acceso.
n
nOs gañadores na categoría de 1º ciclo da ESO, Marieta Orol e Carlos López, do Centro Educativo Galén, tamén de Lugo, presentaron un completo proxecto nun stand que chamou a atención dos visitantes pola súa excelente presentación. Os alumnos realizaron unha investigación do seu ámbito para identificar e recoller plantas das que poder extraer aceites esenciais co obxectivo de elaborar un perfume ecolóxico que todos os que pasaron pola Galiciencia puideron ulir. O proxecto inclúe a planificación económica de custos e prezo, a parte artística de elaboración dunha etiqueta, a parte creativa e lingüística da campaña de mercadotecnia e publicidade, a parte tecnolóxica de materiais e ferramentas, e todo isto cun obxectivo solidario como é a colaboración cunha ONG.
n
nNa categoría de Bacharelato a gañadora foi Alba Fernández, do IES Julio Prieto Nespereira (Ourense), co seu respaldo intelixente. Durante estes tres días foron moitos os que sentaron no seu prototipo de cadeira para comprobar como, ante unha postura inadecuada das costas, se acendían os pilotos luminosos de alerta. Segundo a inventora, o seguinte paso é incorporar unha alerta de son. Dado que o seu proxecto se orienta sobre todo a centros escolares, a súa idea é que o son se emita nunha frecuencia moi baixa que os adultos non perciben, pero si os máis novos.
n
nCada un dos membros dos tres equipos gañadores levou un smartphone que no caso do primeiro premio absoluto se completa co financiamento da viaxe á Exporecerca, a feira científica de ámbito estatal que se celebra en Cataluña.
n
nGaliciencia celebrouse no marco da Semana da Ciencia en España, na que a FECYT destacou entre as actividades de referencia a feira celebrada en Tecnópole. A Fundación foi cofinanciadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
n
nUn xurado experto
n
nOs proxectos premiados foron elixidos por un xurado experto formado por 45 persoas, entre os que se atopaban científicos, profesores e empresarios de Tecnópole. Despois de visitar os 50 proxectos procedentes de colexios das provincias de Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Barcelona, fixeron as súas avaliacións e coa media das puntuacións elaborouse o ránking final.
n
nTodos estes proxectos estiveron expostos durante tres días no recinto de Tecnópole e recibiron a visita de máis de 2000 persoas, entre grupos de colexios e familias que asistiron por libre.
n
nAdemais da exposición de proxectos, a Galiciencia contou cunha ampla oferta de actividades paralelas que incluíron unha exposición e talleres para conmemorar o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, ademais dun espectáculo retransmitido en streaming sobre a base científica dos poderes dos superheroes de cómic.
n
nNo acto de clausura entregáronse tamén os premios dos concursos de fotografía e debuxo sobre a auga convocados antes da celebración da feira. Todos os gañadores son do Colexio Alborada de Vigo: no de fotografía o profesor Alberto García Mallo e a alumna Laura Costas e no de debuxo Diego Vázquez.
n
n(Fonte: Tecnópole)