n
n
O Senado acordou a creación dun relatorio de estudo para que emita un informe con medidas de apoio á tarefa de investigación e desenvolvemento que realizan as pequenas e medianas empresas. Este relatorio, segundo o acordado por todos os grupos, crearase no seo da Comisión de Economía e Competitividade.
n
n
n
n
n
n
Con esta iniciativa perséguese promover un código de valores na investigación e desenvolvemento de acordo, entre outros, cos criterios de responsabilidade social corporativa. Ademais, preténdese avanzar en medidas de integración e apoio ás pequenas e medianas empresas, tanto en investigación, desenvolvemento, innovación e divulgación coma na transferencia de coñecemento.
n
n
Ademais, suxire que o fomento da participación privada se debe facer sobre os seguintes eixes: optimización fiscal, fondos éticos de investimento, responsabilidade corporativa e patrimonial e mecenado.
n
n
(Fonte: Innovamás)
n
n
n
n
n