O seis colexios máis innovadores do mundo

As ferramentas tecnolóxicas increméntanse cada vez máis nos diferentes sectores sociais e na vida diaria das persoas, tanto é así que algúns colexios foron catalogados como os máis modernos e vangardistas na actualidade a niveis internacionais.

Nalgúns casos, a organización do centro establece a preferencia na liberdade do estudante e, mediante a tecnoloxía como principal método de ensino e a colaboración, ás veces a duración dos estudos depende do propio alumno.

1. Un dos centros pioneiros nesta metodoloxía é o Colexio Fontán de Bogotá (Colombia), no que os alumnos teñen a liberdade para decidir que aprender e cando, así como de establecer a duración do plan académico, xa sexa un ano, tres semestres ou nove meses, coa finalidade de aumentar a autonomía do estudante. Ademais, este colexio carece de profesores e de clases, pero ten aulas especializadas para cada actividade e titores que seguen a evolución do estudante a través do campus virtual da institución.

2. O Alt School, de Estados Unidos, reinventou a educación primaria. O alicerce da súa táctica é un sistema educacional personalizado, no que os alumnos se dividen nun máximo de oito membros por grupo e por profesor. Cada neno recibe unha atención especializada e o seu currículo académico defínese a medida coa súa propia participación e a dos seus pais e titores. A colaboración e a axuda entre compañeiros é fundamental.

3. Outro cobizado candidato para algúns estudantes é o Ritaharju School do norte de Finlandia, cuxa finalidade é incrementar o rendemento estudantil a través da tecnoloxía facendo fincapé na aprendizaxe. Ademais, este colexio é parte do programa Microsoft Innovative Schools Program, polo que axuda a outros centros a establecer modelos educativos innovadores e mellorados. Ademais, o centro conta cun centro comunitario e un salón de videoxogos, así como portas correderas que favorecen a integración e a interrelación entre os estudantes.

4. Para desenvolver as diferentes e específicas habilidades de cada neno, quizá o máis acertado sexa ingresar na Steve Jobs School de Holanda, cuxo modelo se lanzou en sete escolas do país en 2013 e enriquece os coñecementos do alumno en base ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para intercalar os diversos formatos informativos e os contidos multimedia.

5. Non todo é tecnoloxía e tamén hai que mirar polo medio ambiente, polo que hai centros como a Green School de Bali (Indonesia) que inculca o respecto pola natureza e fomenta os negocios ‘saudables’ que non repercutan negativamente na contorna. A organización deste colexio intercala a tecnoloxía coa ecoloxía, e algúns dos seus materiais principais son o bambú e os paneis solares, así como 20 hectáreas de xardín.

6. Pola súa banda, a Shireland Collegiate Academy (Reino Unido) utiliza os coñecementos do seu currículo académico L4L e os coñecementos impártense mediante o modelo pedagóxico do ‘flipped learning’, por medio do cal os estudantes reciben indicacións por Internet do profesor, asimilan as instrucións e axúdanse da tecnoloxía para despois pór en común o aprendido ou interpretado co resto de compañeiros en clase. Se teñen calquera dúbida o profesor acláraas. Deste xeito, a tecnoloxía é unha ferramenta que favorece a investigación dos alumnos e o profesor salienta aqueles termos ou materias que máis interese esperten nos estudantes.

A lista é máis ampla e outros colexios que tamén son líderes en vanguardismo son a Eunice High School de Sudáfrica, a RBSM Boarding School de Malta ou o Future Tech de Exipto.

(Fonte: notimerica)