Dorado explicou os obxectivos do programa Horizonte 2020 Espazo, que pretende potenciar o liderado industrial e “contribuír á creación dunha verdadeira comunidade innovadora que sexa referente en I+D+i”. Desenvolver tecnoloxía espacial para a mellora de Europa, impulsar a competitividade das empresas, mellorar as misións espaciais e facer fronte a retos como os asteroides e o chamado lixo espacial son algúns dos propósitos que o programa se marcou.
“Se queremos ser un país á cabeza da innovación non podo deixar de lado o sector aeroespacial”, asegurou Fontán, que destacou a importancia de “contribuír a proxectos innovadores e descubrir o talento, que é o alicerce das empresas”. Fontán presentou os próximos programas de axudas a asociacións de empresas que teñan como obxectivo principal a innovación. “As boas ideas están necesitadas de financiamento, se non quedan en simples proxectos”, reclamou.
Nesta liña, Carlos Romero subliñou a contribución da Axencia Espacial Europea (ESA), que “vai máis alá do diñeiro porque significa pertencer a unha marca que leva máis de 40 anos dedicada á investigación espacial”. Sensores de seguridade espacial, identificación de obxectos ou drons navais son algúns dos exemplos que destacou Romero, convencido de que “debemos innovar nun sector que está en continuo progreso, por algo é o espazo… “.
(Fonte: Innovaspain)