O sector das tecnoloxías da información creceu un 3,6% en 2010, segundo Ametic

Os ingresos no sector das tecnoloxías da información (TI) creceron un 3,6% en 2010, ata os 18.097 millóns de euros, fronte á caída do 8% sufrida un ano antes. Son datos do estudo da patronal tecnolóxica Ametic, que mostran, ademais, que o crecemento foi superior ao da UE (2,7%).

n
n

 

n

O informe revela igualmente que a actividade do sector achegou un 1,56% ao PIB, mellorando en tres puntos básicos o valor de 2009. Para Ametic, este escenario "favorable" debeuse á combinación dos bos resultados asociados á venda de equipos no mercado interior, que permitiu unha mellora do 3%, e ás exportacións que, en liña cos últimos cinco anos, melloraron un 11,2%. Aínda así, a patronal precisou que a suba das importacións, en consonancia coa evolución do mercado de produtos, deu lugar a un repunte do déficit da balanza comercial, que ascendeu a 3.768,30 millóns de euros, un 5,7% superior ao rexistrado en 2009.

n

 

n

Respecto ao emprego, as empresas de TI reduciron en 1403 persoas o seu número de empregados o pasado ano, ata os 194.588, o que representa un recorte do 0,7%. Ametic explicou nunha nota que esta situación se debeu sobre todo á redución do mercado de servizos de desenvolvemento, que actúa tradicionalmente como motor clave na xeración de emprego.

n

 

n

Por segmentos, a venda de equipos mellorou un 7,2%, ata 3503 millóns de euros, grazas á renovación do parque de dispositivos do sector empresarial e ao crecemento rexistrado na venda de tablets e miniportátiles. En canto ao software, os ingresos subiron un 0,8%, ata 1824 millóns, e os servizos caeron un 0,2%, malia que a xestión de contidos a través de internet creceu máis dun 20%.

n

 

n

O sector financeiro volveu ser a principal fonte de ingresos do sector TI, achegando máis do 30% do total, seguido das administracións públicas (un 23%) e os sectores comercio e industria, que achegaron un 22%. As empresas do sector dedicaron o 4,2% dos seus ingresos, é dicir 762 millóns, a I+D. Unha partida que caeu por primeira vez dende 1994.

n

 

n

(Fonte: Cinco Días)

n