A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), puxo en marcha o programa Re-Emprende, unha liña de subvención orientada a favorecer a actividade empresarial, fomentando a creación de proxectos innovadores impulsados por empresarios e autónomos, dotado con dous millóns de euros.
n
n
n
A porcentaxe do apoio económico dependerá de diferentes factores, como a xeración de emprego, o valor engadido derivado, ou a localización en territorios con plans de especial dinamización; primando tamén os proxectos enmarcados en actividades prioritarias, como biotecnoloxía, TIC, aeronáutica, automoción, téxtil-moda ou transformación agroalimentaria, entre outras.
n
n
Poden optar os emprendedores, autónomos e empresarios que presenten iniciativas cun investimento comprendido entre 35.000 e 500.000 euros. As axudas parten dun mínimo do 15% do investimento, que pode chegar até o 50% no caso de pequenas empresas. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto até o próximo 15 de novembro.
n
n
(Fonte: Innovamás)
n