O programa Innoempresa destina preto de 5 millóns de euros a mellorar a capacidade innovadora das pemes galegas

O programa Innoempresa convocouse co obxectivo de conceder axudas para facilitar a incorporación da innovación aos procesos e produtos das pequenas e medianas empresas galegas.

n
n

nAs axudas, cofinanciadas con fondos Feder a través do Goberno Central, cobren as necesidades de apoio ás pemes no ámbito da innovación, tanto no que se refire á elaboración de novos produtos como á posta en marcha de novos procesos dentro de cada compañía, ou á incorporación de cambios e melloras. O prazo para a presentación de solicitudes por parte das firmas interesadas permanecerá ata o próximo 24 de maio.
n
nComo unha das principais novidades, increméntase este ano o baremo de avaliación para primar os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente nos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral, e continúase valorando de forma especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios.
n
nO plan desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: Innovación organizativa e xestión avanzada; Innovación tecnolóxica e calidade; e Proxectos de innovación en colaboración. Os proxectos de innovación en colaboración teñen prioridade absoluta fronte aos individuais.
n
n(Fonte: Innovamás)

n