Tecnópole celebra o próximo mércores 3 de novembro, en horario de mañá, a presentación das axudas do Programa InnoCash, dirixido a identificar, valorizar e madurar tecnoloxías e resultados de I+D xerados, sobre todo, polos centros públicos de investigación, co fin de que poidan ser transferidos ao mercado a través de proxectos de innovación que sexan impulsados por investidores de carácter industrial e financeiro.
n
nA convocatoria foi publicada o pasado 29 de setembro por Genoma España e céntrase na promoción de proxectos innovadores nas áreas tecnolóxicas do Plan Nacional de I+D, é dicir, biotecnoloxía, saúde, enerxía e cambio climático, telecomunicacións e sociedade da información e nanociencia, nanotecnoloxía, novos materiais e novos procesos.
n
nO programa está orientado á transferencia de coñecemento e a xeración de valor establecendo novos mecanismos de valorización, promoción tecnolóxica e financiamento da innovación.
n
nNa fase de valorización, que abrangue a captación de tecnoloxías, a súa posta en valor documental e a súa publicación nun escaparate tecnolóxico, concederanse axudas para a elaboración do informe tecnolóxico por parte dalgunha das entidades colaboradoras do programa.
n
nEstas axudas están destinadas aos provedores de tecnoloxías, que poderán ser: investigadores pertencentes a centros públicos de investigación (de forma individual ou a través das OTRIS), centros privados de investigación e desenvolvemento universitario, centros tecnolóxicos, parques tecnolóxicos e empresas (EBTs) de menos de 2 anos dende a súa constitución, e poderán alcanzar ata 4000 euros IVE incluído para cada informe.
n
nPor outra banda, na fase de financiamento, as axudas consistirán na dotación económica dos proxectos a través dun crédito privilexiado a formalizar mediante contrato entre Genoma España, a entidade beneficiaria e a entidade financeira colaboradora designada. O devandito crédito non poderá superar o 50% dos gastos elixibles do proxecto (cun límite de 1.000.000 de euros), terá un prazo de amortización de 10 anos (incluíndo 3 de carencia) e un tipo de interese do 1,225% anual sobre o capital pendente de amortizar. A constitución de avais ou garantías dependerá do tramo no que estea incluído o empréstito segundo o seu importe (os créditos ata 450.000 euros non a requirirá pero si os que pasen desta cantidade).
n
nNo caso das axudas de financiamento de proxectos o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de decembro de 2010, mentres que as de valorización serán convocadas de novo en 2011 tralo agotamento do crédito para este ano.
- Home
- Actualidade
- O Programa Innocash presenta a convocatoria 2010 do seu programa de axudas en Tecnópole
O Programa Innocash presenta a convocatoria 2010 do seu programa de axudas en Tecnópole
- Martes 2 Novembro 2010