Desenvolvido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), contará co apoio da Fundación Barrié, que lle transferirá a metodoloxía e experiencia do seu Fondo de Ciencia, co que conseguiu crear dúas spin offs e dous proxectos cuxos resultados se atopan en proceso de comercializacion. A Fundación participará na avaliación dos proxectos presentados e organizará accións de formación dirixidas ao persoal de GAIN e demais axentes do Sistema Galego de Innovación.
Os proxectos presentados deberán ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade, contando con potencial comercial e xerar retornos económicos, independentemente do prazo no que estes retornos se produzan.
Os proxectos serán seleccionados con base en criterios centrados, entre outros factores, no grao de innovación da solución proposta, o potencial para xerar retornos económicos, e o compromiso do grupo de investigación coa comercialización dos seus resultados. A partir de aquí, a Xunta de Galicia apoiará os promotores na posta en marcha dunha nova empresa en forma de spin off, ou na cesión do dereito de explotación da patente por parte doutra empresa.
(Fonte: Innovamás)