O Programa Emprendedores en Rede contará con 35 millóns de euros para financiar empresas do sector TIC

O Consello de Ministros autorizou o convenio entre a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a entidade pública empresarial red.es para a posta en marcha do Programa Emprendedores en Rede.

n
n

 

n

Esta iniciativa ten como obxectivo conceder empréstitos a fondos e entidades de capital risco para fomentar investimentos en empresas de base tecnolóxica do sector TIC que, en momentos iniciais do seu desenvolvemento, atopan importantes dificultades para acceder a un financiamento axeitado.

n

 

n

Os empréstitos concedidos por red.es aos fondos ou entidades de capital risco devengarán un 5,73% e a súa contía por proxecto individual estará comprendida entre 150.000 e 1.250.000 euros. Para a concesión dos empréstitos non se esixirán garantías adicionais ás do propio proxecto empresarial TIC ao cal se destine o importe do crédito concedido por red.es. O período de amortización dos empréstitos será de sete anos.

n

 

n

Os fondos ou entidades de capital risco non poderán financiar con fondos públicos máis do 50% do importe total da operación de investimento. Así mesmo, non poderán financiar cos devanditos créditos operacións que sumen un volume superior ao 50% da totalidade de fontes de financiamento do fondo ou entidade.

n

 

n

Este programa responde á constatación de que as empresas do sector TIC, ao inicio do seu desenvolvemento start-ups, teñen dificultades para contar con financiamentos de entre os 0,3 e os 2,5 millóns de euros. Esta deficiencia do mercado leva á necesidade de impulsar medidas dende o sector público.

n

 

n

As achegas previstas no convenio entre a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e red.es para a posta en marcha do programa ascenden a 35 millóns de euros. No presente exercicio, Red.es lanza dúas convocatorias para a concesión dos empréstitos, o 1 de xullo e o 1 de outubro.

n

 

n

(Fonte: ayudas.net)

n