O programa de emprendemento de Tecnópole coa EOI pecha con doce plans de negocio e seis empresas constituídas

Os doce alumnos que aprobaron o programa de formación en creación e consolidación de empresas que Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia- promoveu xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI) durante todo o 2008 recolleron esta mañá os seus diplomas.
n
nOs diplomas foron entregados no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, polo director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla, e o director do curso e titor de todos os proxectos, Alfonso Martínez, da EOI.
n
nEn total, do programa saíron doce plans de negocio dos que seis se materializaron xa coa constitución de empresas. Os sectores nos que operarán estas empresas serán a consultoría, a I+D+i aplicada ao cultivo de plantas, as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), a enxeñería agroforestal, a formación e a comercialización de produtos lácteos.
n
nLogo dun período de difusión nos primeiros meses de 2008 para ofertar esta formación, altamente especializada e de carácter gratuíto, entre emprendedores de toda Galicia con ideas de negocio de base tecnolóxica e compoñente innovador, a principios de maio un total de 23 alumnos accederon ao programa. Os seguintes meses asistiron a sesións de formación e asesoramento personalizado on-line para elaborar o seu plan de negocio, dos que finalmente máis da metade completaron o programa e superaron con éxito todas as súas fases, ata a finalización no mes de decembro.
n
nAs innovacións contempladas nos proxectos afectan a produtos pero tamén a procesos, sobre todo no que se refire á apertura de novas canles de venda e de distribución.
n
nAs accións formativas, que prestaron especial atención ao ámbito das novas tecnoloxías, incluíron unha fase formativa de carácter teórico-práctico na que se conxugaron a discusión de técnicas e casos de éxito coa integración das empresas que se cren ao amparo do programa na Redepyme, un recinto empresarial permanente de carácter virtual creado pola EOI que lles ofrece ás Pemes servizos de valor engadido en materia de asesoría, seguimento e interrelación entre emprendedores a través de internet (www.redepyme.es).
n
nEstas accións formativas, que contaron co financiamento do Fondo Social Europeo e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, inscríbense na política de apoio ao emprendemento con base tecnolóxica e innovadora liderada en Galicia pola Tecnópole.
n
nSoporte continuado
n
nOs contidos da formación baseáronse na xestión práctica de Pemes nos seguintes ámbitos: política de empresa, márketing e comercialización, loxística e operacións, finanzas, recursos humanos, fiscalidade e calidade.
n
nO elemento diferencial deste programa con respecto a outros de similares características é que o apoio non remata aquí, senón que se manterá un seguimento continuo para apoiar tanto a posta en marcha como a consolidación das empresas xa constituídas, atendendo a que máis da metade das Pemes desaparecen durante o seu primeiro ano de vida, moi frecuentemente por falta dunha axeitada formación empresarial.
n
nLa Fundación EOI
n
nA Fundación EOI é unha entidade pública estatal que se dedica á formación e á realización e promoción de estudos e investigacións científicas e técnicas, fundamentalmente nos ámbitos da industria, do medio ambiente, da innovación, das novas tecnoloxías, da pequena e mediana empresa, da propiedade industrial e da economía.
n
nEOI foi incluída como beneficiaria e organismo intermedio no Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Social Europeo de Adaptabilidade e Emprego, no marco dos obxectivos de converxencia e competitividade rexional e de emprego de España.