A finalidade destas accións formativas, todas elas de carácter gratuíto, é achegar coñecemento nas cuestións que se consideran clave para acelerar o modelo de negocio.
O número de prazas para cada taller é limitado, polo que é necesario preinscribirse enviando un correo a talleres@agrobiotechinnovacion.es (link sends e-mail) solicitando a reserva dunha praza.
Estas accións transversais de capacitación empresarial levaranse a cabo nas dúas sedes operativas do programa Agrobiotech: Tecnópole (Ourense) e o CETAL (Lugo).
Os talleres programados para as vindeiras datas son:
30 de outubro: Como preparar unha estratexia de internacionalización – Tecnópole.
6 e 20 de novembro e 4 de decembro: Formación e capacitación comercial – Tecnópole.
13 de novembro: Propiedade industrial e intelectual – Tecnópole.
13 de novembro: Incentivos fiscais I+D+i – CEI Tecnópole.