O primeiro software de seguridade multidispositivo é valenciano

A empresa valenciana S2 Grupo será a responsable de coordinar o proxecto europeo 'MUSES', que supón o nacemento do primeiro software de seguridade corporativa multidispositivo. O obxectivo desta nova ferramenta é fomentar a seguridade tecnolóxica das compañías mediante a redución dos riscos introducidos polo comportamento do usuario

n
n

nOs responsables da nova ferramenta aseguran que no momento actual crece "a deslocalización da información, o acceso dende dispositivos heteroxéneos e a mestura das actividades persoais e profesionais". De feito, respecto a este último punto, cada vez está máis implantada en grandes organizacións a tendencia BYOD, que permite aos empregados usar os seus propios dispositivos no ámbito laboral. Este contexto impulsou a posta en marcha do proxecto de I+D+i MUSES, que suporá a creación dunha plataforma pioneira que permitirá aos empregados acceder de forma protexida aos datos corporativos dende calquera lugar ou dispositivo.
n
nMediante un software que se instala tanto na sede da empresa como nas diferentes terminais (PC, tablet ou smartphone), proporcionará un sistema de seguridade que, a xeito de paraugas, protexerá o acceso dos empregados á información corporativa dende calquera punto.
n
n(Fonte: Innovaspain)

n