n
n
"Este máster nace co obxectivo de converterse nun referente da educación superior eólica de postgrao a nivel mundial e de acompañar o desenvolvemento da eólica nos países hispanoparlantes". Así define Alberto Ceña, director técnico da Asociación Empresarial Eólica (AEE), o novo Máster en Enerxía Eólica que a UNED comezará a impartir o próximo 19 de xaneiro e que contará coa colaboración da Asociación.
n
n
n
n
n
n
O próximo 16 de xaneiro finaliza o prazo para que calquera titulado universitario se poida matricular no Máster en Enerxía Eólica que a Universidade Nacional de Educación a distancia (UNED) comezará a impartir o próximo 19 de xaneiro. Trátase do primeiro máster cen por cento eólico de España e Latinoamérica e un dos primeiros de Europa.
n
n
A Asociación Empresarial Eólica (AEE), que se involucrou no proxecto dende as súas orixes, asinou un convenio coa UNED polo que participará de diversas maneiras.
n
n
Ante as necesidades das empresas do sector eólico de contar con profesionais preparados especificamente en enerxía eólica, a UNED lanzou hai dous anos un programa modular de postgrao en Enerxía Eólica con dúas posibilidades: obter o título de Experto Universitario en Enerxía Eólica (para o que son necesarios 20 créditos ECTS) e o de Especialista Universitario en Enerxía Eólica (30 créditos). Dende o Grupo de Traballo de Formación de AEE identificouse a necesidade de elevar o programa a nivel de Máster, cunha esixencia de 60 créditos, co fin de contar con iguais oportunidades ofrecidas polos países dos nosos arredores, como é o caso de Alemaña e Dinamarca.
n
n
Ademais de expertos de AEE, o equipo docente está formado por profesores de distintas especialidades das escolas de enxeñeiros industriais da UNED e da Universidade Politécnica de Madrid.
n
n
O programa está dirixido a titulados universitarios que desexen adquirir ou completar unha formación técnica especializada no campo da enerxía eólica, co fin de traballar nun sector que dá emprego a 30.000 persoas. Os contidos céntranse en todos os aspectos, tanto teóricos como prácticos, que demandan as empresas do sector.
n
n
(Fonte: CV Energía)
n
n
n
n