Inquire preséntase como "un prototipo dun libro de texto intelixente que responde ás preguntas dos estudantes". Trátase en realidade dun proxecto de aplicación para iPad que pretende cambiar a forma de ler e estudar.
n
n
nA pantalla mostra en principio unha columna cun libro tradicional, cos seus parágrafos máis ou menos comprensibles para os estudantes. Non obstante, o Proxecto Inquire alberga sorpresas. Para empezar, cada palabra relevante aparece acompañada, á dereita, de preguntas relacionadas e respostas que, coa axuda de Wikipedia, nos aclaran ese termo. É máis, cada estudante pode introducir a súa propia busca, e o software construirá unha nova páxina coa resposta axeitada.
n
nÁ primeira vista, Inquire só é unha versión intelixente de Bioloxía de Campbell, un clásico das aulas. Non obstante, o proxecto vai máis alá. "A transición aos libros de texto dixitais debería ser máis que un cambio superficial do medio no que lemos. Por iso buscamos un exemplo de como a intelixencia artificial pode mellorar a aprendizaxe dos estudantes", afirman na súa web.
n
nA medida que o estudante le, Inquire anima a unha "lectura activa" con termos clave e preguntas que poden axudar ao estudante a reflexionar sobre o tema no que está enfrascado. Mesmo á hora de facer os deberes, propón preguntas específicas con enlaces a contido relacionado. Neste vídeo apréciase con máis detalle o funcionamento do software.
n
nNun estudo realizado en xaneiro deste ano, probouse Inquire cun grupo de 24 estudantes. Uns utilizaron a nova tecnoloxía para preparar o exame. Outros, un libro tradicional. Segundo parece, os estudantes de Inquire recibiron puntuacións significativamente máis altas.
n
n(Fonte: ABC)