O primeiro ‘drone’ que se matricula en Europa é español

A empresa española Flightech Systems presentou o primeiro RPA (avión tripulado por control remoto tamén coñecido como 'drone') que foi matriculado en Europa, baixo os criterios da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) española.

n
n

nO dispositivo, de deseño e construción española, pesa 80 quilos, está construído en fibra de carbono e ten unha envergadura de 6 metros, segundo explicou o presidente da compañía, Francisco Gayá, que indicou que entre os seus posibles usos están a vixilancia marítima e control fronteirizo, así como a vixilancia forestal e de cultivos e control de verteduras, entre outras aplicacións.
n
n"É unha excelente ferramenta para o control fronteirizo", asegurou Gayá, que apuntou que o aparato ten unha autonomía de 4,5 horas de voo e o seu consumo é de 4 litros por hora, "o equivalente a unha moto pequena".
n
nAdemais, recordou que, na actualidade, España utiliza dispositivos semellantes de orixe israelí que, segundo asegurou, son "cinco veces máis caros" que os que presentou Flightech Systems.
n
nVixilancia en tempo real
n
nPor outra banda, o presidente da empresa indicou que o modelo contén un compartimento para transportar os instrumentos que sexan necesarios para o uso que se lle queira dar ao avión entre os que se poden atopar cámaras de gravación de imaxes en alta calidade, de imaxes térmicas, alarmas de detección de focos de calor, de fumes ou de presenza humana, así como outras ferramentas predefinidas que enviarán a información ao centro de control, e que permitirán controlar e previr posibles situacións en tempo real.
n
nPola súa banda, a directora da AESA, Isabel Maestre, felicitou os responsables do desenvolvemento do novo modelo e asegurou que a axencia constatou que "o seu voo é seguro".
n
nPor iso, indicou que, coa matriculación, se permitirá que o RPA realice voos de ensaio, aínda que "voos comerciais aínda non" dado que, segundo recordou, a lexislación ao respecto está aínda en proceso de elaboración para a súa presentación como borrador.
n
nNeste sentido, indicou que o pasado mes de maio foi presentado un borrador de lei á industria do sector aeronáutico para o que foron presentadas preto de 180 alegacións. Na actualidade, creáronse varios grupos de traballo que están a traballar sobre as propostas para que "nos próximos meses se poida presentar un borrador de lei que poida ser admitido a trámite".
n
n7 anos e 9 millóns de euros
n
nA este respecto, o presidente de Flightech Systems explicou que, ademais dos problemas iniciais para levar a cabo o proxecto, que requiriu o traballo de 7 anos e un investimento de 9 millóns de euros, "o maior problema con que se atopou a empresa foi a falta de lexislación".
n
n"Puxéronnolo todo o difícil que hai que poñelo para que sexa seguro", explicou Gayá, que indicou que, grazas a iso, os niveis de seguridade son "altísimos" e que "a probabilidade de que aconteza un desastre é de 1 entre 100 millóns".
n
nPor último, os conselleiros da empresa, Alberto Anaut e Eduard Punset, cualificaron a presentación como un "día con toques históricos" que pon de manifesto que España está "completamente preparada" para innovar e inventar, "malia a mala fama que se instalou".
n
nDe feito, o tamén divulgador científico Punset declarou sentirse "entusiasmado" por un dispositivo "tan español, tan científico e tan novo" e destacou a necesidade da innovación tecnolóxica e "mental" no país para manter as prestacións sociais. "Neste país houbo unha xeneralización das prestacións sociais, sanitarias e de seguridade sen decatarse que, sen tecnoloxía e políticas de prevención, ía supoñer a quebra do sistema a medio prazo".
n
n(Fonte: lainformacion.com)

n