O proxecto “Investigadores por uns días”, do IES A Guía de Vigo gañou a categoría reina do Cin-Vigo, “Ciencia na rúa”, organizado desde CinBio e o Concello. Os catro integrantes obtiveron a matrícula universitaria gratuíta e unha tablet. Os finalistas foron “Explorando as ondas cerebrais” e “Cold Vibes”, ambos os dous de Aulas Tecnópole de Ourense.
Entre os de 3º e 4º da ESO, o primeiro premio foi para “o prototipo de coche pila”, do IES Carlos Casares, que poderán participar noutra feira de ciencias. “O biorreactor para cultivar espirulina”, de Aulas Tecnópole, e “Detectando a natureza”, do IES Valadares, foron finalistas.
Os máis puntuados de 1º e 2º da ESO obtiveron unha consola de agasallo por “a viabilidade da repoboación forestal en bosques queimados mediante heeliseeding ou bombas de sementes”, de San José de Ourense. O segundo e o terceiro posto recaeu en Energy Step & Energy Window, do Montecastelo e Eunice Newton, do Labor. Con máis de 400 votos, dos 5.000 emitidos, o público apoiou a proposta dos primeiros cursos do Montecastelo, que lles posibilitou unha visita ao Cinbio.
Fonte: Atlántico Diario