O plástico do futuro será de froitas e plumas

Cando dentro de centos de anos os arqueólogos descubran algún vestixio da sociedade de hoxe, é probable que atopen antes restos de lixo que de arte ou arquitectura. Dende que, en 1909, o químico estadounidense de orixe belga Leo Hendrik Baekeland obtivo o primeiro polímero sintético, a baquelita, vivimos envoltos nun mundo que depende do plástico, un dos materiais máis daniños para o medio ambiente. Unha botella de auga ou un vaso desbotable poden tardar entre cen e mil anos en ser asimilados de novo pola natureza.

n
n

 

n

No planeta prodúcense máis de 100 millóns de toneladas de plástico ao ano, das que un 10% remata no mar. Un altísimo custo natural, segundo Eben Bayer e Gavin McIntyre, fundadores de Ecovative, unha empresa neoiorquina especializada en deseño ecolóxico. "Nós non fabricamos materiais, cultivámolos", explica Bayer.

n

 

n

A súa compañía creou un plástico natural e biodegradable, o EcoCradle, a partir das fibras dos fungos, os micelios, mesturadas con escouras de plantas de procesamento de algodón. "Queremos substituír o plástico en todos aqueles produtos nos que non ten sentido o seu uso, dende ordenadores a televisores,", afirman. "Non entendemos como se pode fabricar material a base de benceno, que dura ata 10.000 anos, para usalo nunha embalaxe e tiralo. É insostible", asegura Bayer, quen presume de deseñar o primeiro plástico "vivo".

n

 

n

Os clientes desta empresa, fundada en 2007, teñen que esperar dúas semanas antes de que os seus pedidos estean listos. "O EcoCradle ten un período de crecemento de cinco días", confesa o seu creador. O plástico a base de fungos ideado por estes exalumnos do Instituto Politécnico Rensselaer (EE.UU.) é altamente biodegradable e reintégrase no ecosistema nun prazo de entre tres meses e un ano.

n

 

n

Premiada en Davos

n

 

n

O pasado xaneiro, Ecovative foi unha das compañías máis premiadas durante a celebración do Foro Económico Mundial en Davos. Pouco despois, asinou un acordo co xigante da informática Dell para converter en sustentable a embalaxe dos seus ordenadores. Ademais, hai só uns días, a compañía automobilística Ford anunciou que utilizará nos seus vehículos o outro gran produto de Ecovative, o Greensulate, un illante de fibras de fungos que é máis barato, ecolóxico e lixeiro que as escumas tradicionais, ademais de ignífugo. Ford substituirá máis de 15 quilos de material illante de derivados do petróleo por esta solución alternativa. Con apenas 30 anos, Bayer e McIntyre poden revolucionar un sector que xera un volume de negocio de máis de 20.000 millóns de dólares ao ano.

n

 

n

A industria automobilística tamén podería sufrir un cambio radical se un grupo de científicos brasileiros con base en EE.UU. culmina con éxito o desenvolvemento de fibras de nanocelulosa a partir de limóns, piñas e plátanos. Este composto froiteiro reciclable, similar ao plástico e tan duro como o Kevlar, podería usarse para deseñar pezas de vehículos.

n

 

n

Segundo o director do proxecto, Alcides Leao, a nanocelulosa é ata un 30% máis lixeira que os laminado de plástico que actualmente se utilizan e con apenas un quilo de composto pódense obter ata 100 de fibras de plástico ecolóxicas. "Estamos convencidos de que, nun futuro, a maioría das pezas dos coches, entre elas o cadro de instrumentos ou os parachoques, fabricaranse con fibras de froita", sinala Leao, que coa súa solución espera "reducir o peso dos vehículos e mellorar o consumo de combustible".

n

 

n

Leao e Ecovative non son os únicos que están a tratar de buscar alternativas máis sustentables aos plásticos. YiqiYang, profesor de Bioingeniería da Universidade de Nebraska, propúxose que os millóns de plumas de aves que rematan no lixo cada ano se convertan nos substitutos do petróleo. As plumas, como as uñas ou o pelo, están compostas principalmente por queratina, unha proteína que aplicada á actual fórmula de fabricación de plásticos podería aumentar a súa forza e reducir o seu peso. Segundo Yang, as plumas poderían alcanzar ata o 50% da composición dos plásticos, co que se reduciría a dependencia de derivados do cru como o polietileno e o polipropileno. Para Yang, "as plumas son actualmente unha escoura, pero teñen grandes propiedades que poderían convertelas nunha alternativa económica e sustentable aos materiais sintéticos".

n

 

n

Compostos animais

n

 

n

Investigadores da Universidade Clemson, en Carolina do Sur (EE.UU.), acaban de presentar un estudo sobre a fabricación de plásticos biodegradables a partir de fariña de ósos, que foi alimento para o gando ata que en 1997 Europa e EE.UU. eliminaron o seu uso debido a o mal das vacas tolas. O grupo dirixido por Fehime Vatansever comezou a mesturar este material con polietileno para obter un plástico moi duro, como o dos esquís e snowboards, pero biodegradable. A solución causou balbordo entre as organizacións animalistas.

n

 

n

(Fonte: Público)

n