O Parque Tecnolóxico de Zamudio acolle un laboratorio pioneiro en redes eléctricas intelixentes

O centro privado de investigación aplicada Tecnalia construirá no Parque Tecnolóxico de Zamudio (Biscaia) as primeiras instalacións de Europa para a investigación de redes intelixentes ao servizo do sector de fabricantes de bens de equipos eléctricos.

n
n

 

n

Nunha primeira fase, o laboratorio implicará un investimento de 14 millóns de euros e dará soporte ao desenvolvemento e certificación de equipos do proxecto activado recentemente por Iberdrola e o Goberno vasco para -cun investimento de 60 millóns- incorporar instalacións de electrónicas de vangarda 1100 centros de transformación de Bilbao e Portugalete.

n

 

n

Esta nova infraestrutura experimental para os equipos e sistemas das redes eléctricas do futuro ocuparán en Zamudio unha parcela de 10.000 metros cadrados que xa foi adquirida por Tecnalia. As obras comezarán en breve co fin de que a primeira fase do laboratorio culmine a finais de 2012 para estar plenamente operativo en 2015. Actualmente, Tecnalia traballa no deseño da segunda fase.

n

 

n

Tecnalia é o primeiro centro privado de investigación aplicada de España e o quinto de Europa. Segundo os seus responsables, a singularidade das futuras instalacións – denominadas Ingrid- é o seu servizo integral, xa que ofrecerán plataformas de experimentación avanzada que permitirán levar a cabo servizos de I+D para unha xestión máis eficiente e intelixente da enerxía eléctrica, abranguendo dende os equipos de xeración renovable e os sistemas de xestión ata os contadores do consumidor final, pasando polo transporte e a distribución.

n

 

n

Ingrid disporá de catro grandes campos de traballo. Na área de equipos e compoñentes investigaranse materiais e equipamento eléctrico, sistemas electrónicos de protección, control e medida, así como novas tecnoloxías de conversión de alta potencia. A división de redes eléctricas intelixentes centrarase no desenvolvemento de sistemas de xestión e comunicacións e de probas de algoritmos para a interconexión de distintas fontes de enerxías renovables e xeración distribuída, así como para a mellora da calidade de subministración na rede de distribución. O terceiro campo de actuación serán os sistemas eléctricos para renovables, mentres que o cuarto estudará tanto a xestión intelixente da demanda eléctrica como a enerxética en edificación.

n

 

n

Por outro lado, está previsto desenvolver unha plataforma específica para o vehículo eléctrico que supoña un sistema integrado de probas coas que investigar e desenvolver aplicacións de optimización de carga, ensaios de comunicacións, protocolos e electrónica de potencia en varios escenarios para un hipotético despregamento masivo.

n

 

n

(Fonte: Expansión)

n