O grafeno é definido con frecuencia como un material milagroso. Este cristal de carbono de dúas dimensións combina unha forza inigualable cunha excepcional capacidade para transportar calor e electricidade ademais doutras moitas calidades inusitadas.
n
n
nA súa combinación de transparencia, condutividade e elasticidade convérteno nun material único para construír aparatos electrónicos flexibles, e estas calidades combinadas coa súa impermeabilidade fan que sexa o material ideal para cubrir superficies metálicas e protexelas da corrosión.
n
nNon obstante, a promesa do grafeno como base para todas estas novas tecnoloxías estará máis preto de cumprirse cando as calidades excepcionais deste material obtidas no laboratorio se poidan reproducir tamén en masa. Así o explica en Nature un grupo de investigadores encabezados polo investigador da Universidade de Mánchester e gañador do Nobel polo seu estudo do grafeno Kostya Novoselov.
n
nAltos custos
n
nOs produtos que se poden producir co grafeno menos refinado serán os primeiros en aparecer. O papel electrónico enrolable podería estar dispoñible, segundo os autores, en 2015, aínda que só como prototipo. Aínda "será necesario que os custos de fabricación descendan antes de que estea no mercado", afirman. Estes aparatos pregables "poderían revolucionar a electrónica", engaden.
n
nMáis adiante, quizais cara a 2020, os autores do artigo cren que este material se poderá producir na calidade e a cantidade necesaria para aplicalo ás comunicacións sen fíos de alta velocidade ou a xeración de radiación THz, empregada en imaxe médica.
n
nPor último, a partir de 2030, poderíase pensar en construír diminutas sondas de grafeno coas que transportar fármacos teledirixidos contra tumores e, en último termo, substituír o omnipresente silicio polo novo material milagre.
n
n(Fonte: Materia)