O país das 9.000 mulleres profesionais das TIC

Os cadros de persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e nun 33% por mulleres, aínda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio de tendencia, ao medrar a maior ritmo o emprego feminino que o masculino. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) analizados polo observatorio OSIMGA, o sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.

En canto aos estudos superiores, tamén segue a ser inferior a presenza de mulleres nas carreiras relacionadas coas enxeñarías e a arquitectura, nas que representan o 26,9%. O dato contrasta coa situación xeral no sistema universitario, no que máis do 55% do alumnado son mulleres.

Fonte: Código Cero