O Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo encargado de asignar os dominios xenéricos de Internet, abriu un rexistro e unha base de datos de marcas para evitar os conflitos que empezarán a formularse a partir do 23 de abril, a raíz do aumento de dominios comúns, como nomes de cidades e xenéricos do estilo 'books' ou 'news'. A creación do chamado Trademark Clearinghouse (TMCH) intentará previr a posible chuvia de reclamacións polo rexistro de marcas a nivel nacional e internacional.
n
n
nO ICANN ampliou o pasado ano a posibilidade de crear outros dominios aparte dos coñecidos .com, .net, .org, .edu ou .gov, entre outros. Visto como unha clarificación de Internet, tamén é unha ampliación do seu negocio (cobramento por rexistros), pois a iniciativa consiste en crear outros dominios para, por exemplo, as cidades (Nova York, Roma, Tokyo, Madrid, Barcelona solicitáronos…) e tamén para temas xenéricos. É o caso de .book ou .news, que xa foron solicitados por grandes empresas de Internet como Amazon ou Google e que o ICANN deberá outorgar a unha ou a outra.
n
n"A aprobación dos primeiros dominios será en abril, pero non se activarán ata xullo", explica Joao Damas, unhas das 13 persoas do ICANN que se encargan da seguridade do sistema de dominios. Este consultor portugués de 45 anos, afincado en Madrid, cre que o TMCH é unha boa solución para as grandes empresas. "As multinacionais, para evitar conflitos de marca, teñen que rexistrar un dominio en cada país; e agora coa apertura duns mil xenéricos máis, o rexistro multiplícaselles".
n
nDamas cren que, malia todo, non se solucionarán os conflitos de intereses cando unha marca só actúe nunha zona xeográfica, "pero polo menos o servizo servirá para informar previamente desas circunstancias. E ás grandes marcas, que gastan millóns en rexistros, soluciónalles a vida".
n
nAs autorizacións máis conflitivas son as de temas xenéricos como '.book' e '.news'. "Hai varios solicitantes", di Damas, "e ademais, no caso de 'books', solicitouno Amazon polo que protestaron as editoriais. Amazon pretende un dominio pechado, onde el decida que pode ir e que non. Serán os últimos en resolver".
n
nA iniciativa do ICANN aspira a ser un repositorio mundial e á vez un consultorio onde o solicitante pode coñecer con anticipación se a súa marca xa existe, en que países e en que campo económico. O TMC "é o mecanismo máis importante de protección de dereitos", segundo o organismo. "Permitirá aos propietarios de marcas enviar o seu rexistro de marca a unha base de datos centralizada, antes e durante o lanzamento dos novos dominios xenéricos de máximo nivel (en inglés gTLD). "O TMCH é unha solución única para protexer a marca na era dos grandes dominios xenéricos".
n
nO TMCH conta coa consultora Deloitte e coa computación de IBM para facer viable o servizo, empresas coas que organismo traballa dende hai anos. "Calquera persoa, compañía ou propiedade dunha marca pode enviar o seu rexistro ao Clearinghouse. O TMCH protexe ás marcas dende dúas vías: co seu rexistro previo e cos seus servizos de reclamacións", informa o ICANN na súa páxina.
n
nA apertura de miles de dominio ao máis alto nivel significa, entre outras cousas, un reto para as grandes marcas nas súas estratexias comerciais en Internet. Segundo o directivo da empresa Netnames, Ben Anderson, "Internet vai ser reseteado. Dende o 23 de abril daranse máis de 20 novos dominios á semana, o que podería significar máis de 800 novos dominios no mercado. A nova era de Internet significará que moitas marcas necesitan repensar a súa estratexia en Internet".
n
n(Fonte: El País)