A Asociación Española de Bioempresas (Asebio), acaba de publicar o seu pipeline de biotecnoloxía sanitaria no que se recollen 357 proxectos. Estes divídense en: 209 indicacións de medicamentos investigados en España que aínda non están a comercializarse pertencentes tanto a entidades nacionais coma a filiais de multinacionais; 87 produtos e servizos de diagnóstico e de medicina personalizada; 26 tecnoloxías cuxa aplicación final é o ámbito sanitario e 35 plataformas de investigación.
n
n
nEsta cifra supón un crecemento do 41,10% respecto aos proxectos recollidos no pipeline de saúde de 2012, con 253 en total sen contar con produtos de sanidade animal para que sexa comparable, xa que este ano, este tipo de produtos se incluirán no pipeline verde.
n
nEntre as 209 indicacións, contabilizáronse un total de 104 produtos para 119 indicacións clínicas que están a investigar 38 compañías nacionais, 56 deles atópanse en fase preclínica, 22 en fase I, 31 en fase II, cinco en fase III e cinco están listos para comercializarse.
n
nTamén 90 indicacións clínicas de 83 produtos da área de medicamentos de sete multinacionais con filial en España, nos que algunha das súas fases clínicas se realizou en España. Un deles están en fase I, 28 en fase II, 48 en fase III e 13 están listos para comercializarse.
n
nEn canto aos 87 produtos e servizos de diagnóstico e medicina personalizada, 22 están listos para lanzalos ao mercado e dous están xa rexistrados, 24 atópanse en validación clínica, 14 en validación preliminar e 25 en I+D.
n
nRespecto ás 26 tecnoloxías, tres están listas para lanzarse ao mercado, oito en validación clínica, nove en preliminar e seis en I+D. Para o caso das 35 plataformas de investigación oito están listas para lanzarse ao mercado, unha rexistrada, seis en validación clínica e o mesmo número en preliminar e 14 en I+D.
n
nOncoloxía, segmento líder
n
nA oncoloxía é a área terapéutica na que máis investigan tanto empresas nacionais como multinacionais. Non obstante, o segundo lugar, está ocupado por dúas áreas: sistema nervioso central e enfermidades infecciosas. A primeira ocupa as investigacións de empresas nacionais e a segunda, de filiais de multinacionais.
n
nO 34% dos medicamentos oncolóxicos pertence a compañías nacionais e o 27% a filiais de multinacionais con investigación en España. O 18% dos medicamentos do pipeline pertencen investigacións en neurociencias de compañías nacionais e o 15% dos medicamentos do pipeline pertencen a investigacións en enfermidades infecciosas de filiais de multinacionais.
n
n(Fonte: Asebio)