O movemento humano será a fonte de enerxía do futuro

O Internet das Cousas é a rede imaxinada de enlaces de datos que xurdirá cando os obxectos cotiáns teñan incorporados diminutos dispositivos de identificación.

n
n

nA idea é que cada paquete nunha oficina de correos poida transmitir a súa posición, orixe e destino para lograr un seguimento e unha distribución máis eficiente; que cada produto do supermercado transmita os seus ingredientes, prezo, data de caducidade e demais; que o teu smartphone interrogue ao contido da túa neveira e despensa cada vez que entras na cociña para avisarte de cando se vai acabar o leite. Cada un destes obxectos logrará pequenas melloras nos nosos negocios e o noso estilo de vida. E no seu conxunto, este Internet das Cousas transformará completamente a forma en que interactuamos co mundo que nos rodea. Esa, polo menos, é a esperanza.
n
nPero existe un problema: estes diminutos dispositivos de identificación requiren unha fonte de enerxía. Usar baterías ou pilas resultaría caro e pouco práctico, así que os científicos esperan obter a enerxía necesaria do contorno, en concreto da luz e do movemento humano. Así que toca preguntarse canta enerxía hai dispoñible deste xeito. É algo relativamente doado de contestar no caso das luces de interior (uns 50-100 microvatios por cm2). Pero resulta moito máis difícil valorar canta enerxía hai dispoñible do movemento humano.
n
nEsta pregunta espertou o interese de Maria Gorlatova e os seus compañeiros na Universidade de Columbia en Nova York (EE.UU.), que mediron a enerxía cinética dispoñible da actividade de 40 individuos en períodos de ata 9 días. Para facelo adaptaron a cada persoa dispositivos de captación de enerxía cinética, basicamente un peso enganchado a un resorte, que rexistraban o seu movemento.
n
n"Que nós saibamos, a serie de datos que analizamos é a primeira serie de aceleración recollida dispoñible publicamente para un gran número de participantes", afirman os investigadores. Tamén mediron a enerxía dispoñible do movemento de obxectos como portas, caixóns e lapis para ver canta enerxía se podería sacar.
n
nResultados
n
nOs resultados son sorprendentes en moitos casos e nalgúns directamente contraintuitivos. Esta é unha lista dos seus achados:
n
n• O movemento periódico é rico en enerxía. Así, escribir cun lapis xera máis enerxía (10-15 microvatios) que a aceleración asociada cun voo de 3 horas, incluíndo o despegue, aterraxe e as turbulencias, que nunca xeraron máis de 5 microvatios.
n• A maior parte do tempo os humanos son pasivos. O 95% de toda a súa enerxía que se pode recoller xérase durante menos do 7% do día.
n• Camiñar xera a mesma enerxía que as luces de interior (uns 150 microvatios). Correr xera uns 800 microvatios.
n• Axitar algo intencionadamente xera ata 3500 microvatios, 30 veces máis que camiñar.
n• Aínda que esixe menos esforzo, baixar escaleiras xera máis enerxía que as subir, polas maiores aceleracións implicadas.
n• A xente máis alta xera un 20% máis de enerxía que a máis baixa.
n• A diferenza na produción de enerxía entre distintas persoas depende principalmente de canto camiñan. O lugar de colocación do sensor no corpo non supón unha gran diferenza.
n• A maioría das persoas xeran a suficiente cantidade de enerxía para transmitir datos de forma continua a unha taxa de 1 Kb/s (máis de 5 microvatios).
n
nÉ unha serie interesante de resultados. Xa hai enxeñeiros deseñando algoritmos para xestionar como se recolle a enerxía, se almacena e se usa. Gorlatova e os seus compañeiros afirman que este tipo de traballo servirá para facer que eses algoritmos sexan o máis eficientes posible.
n
nMáis alá disto, unha pregunta interesante é cando empezaremos a ver dispositivos comerciais de recollida de enerxía. Quizais os primeiros candidatos sexan o crecente número de sensores de movemento que hai no mercado.
n
nDispositivos como Fitbit e a Fuel Band de Nike estiveron a rexistrar continuamente a actividade diaria de miles de individuos dende hai xa algúns anos. Será interesante ver como as empresas usan estes datos para mellorar os seus produtos, que na actualidade requiren cargas regulares ou pilas desbotables. Máis alá diso estanse a investir importantes cantidades en investigación para o deseño de dispositivos informáticos que operen a uns niveis de enerxía o suficientemente baixos como para poder aproveitar a recolección de enerxía.
n
nO que parece que está claro á vista deste estudo e outros parecidos é que o Internet das Cousas está en camiño e que se o problema da enerxía pareceu un obstáculo nun momento dado, xa non supón motivo de preocupación.
n
n(Fonte: La Flecha)

n