O modelo noruegués da Aula Newton Galicia esgota inscricións

En Ourense está a Aula Newton de Galicia, o único espazo permanente en España que axuda a espertar as vocacións de escolares, formándoos en ciencia e tecnoloxía. A multinacional aeroespacial Boeing está detrás do proxecto, impulsado xunto á organización norueguesa First Scandinavia, a Xunta e a Tecnópole, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.

Desde a súa apertura en outubro de 2021, acolleu a 93 centros educativos de Galicia, cun total de 2.538 estudantes. En apenas 24 horas esgotáronse as sesións para os seguintes seis meses. A Aula Newton segue o formato de grande éxito en Noruega, que conta con 40 aulas permanentes por todo o país para contribuír á adquisición de habilidades científico-tecnolóxicas en contornas de simulación.

Fonte: La Región