O MITYC regula as axudas aos sectores estratéxicos industriais para o período 2012-2015

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou, no BOE do 3 de setembro de 2011, as bases reguladoras das axudas para a realización de actuacións no marco da política pública de fomento da competitividade en sectores estratéxicos industriais para o período 2012-2015.

n
n

 

n

A finalidade destas subvencións é favorecer a competitividade das empresas dos sectores estratéxicos nos seguintes aspectos: incrementar o valor engadido de produtos e servizos orientados á produción limpa; aumentar a eficiencia e sustentabilidade dos procesos de produción; reorientar a produción cara a produtos máis sustentables que melloren a eficiencia enerxética e o seu impacto ambiental ao longo do ciclo de vida; establecer actuacións dirixidas a preservar o emprego e as condicións de traballo; e mellorar a capacitación técnica dos recursos humanos e implantación de estratexias de produción e procesos organizativos avanzados.

n

 

n

Poderán solicitar estas axudas as empresas, os centros técnicos e as agrupacións de interese económico (AIE), que pertenzan a algún dos seguintes sectores estratéxicos industriais: sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico, etc.); sector químico e farmacéutico; sector metalúrxico e siderúrxico; fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos; sector ferroviario; sector de automoción e sector aeroespacial.

n

 

n

Tras a experiencia adquirida e os positivos efectos producidos en investimento mobilizado destas axudas durante o período 2009-2011, o Ministerio de Industria estimou necesario dar continuidade ás medidas previstas para facilitar que as empresas dos sectores estratéxicos industriais realicen unha aposta por investimentos e actuacións punteiras, que aseguren o mantemento da actividade dos devanditos sectores en España, anticipando o que van ser os segmentos de mercado máis competitivos no futuro, á vez que se melloran significativamente os procesos de produción para favorecer a súa flexibilidade, a súa eficiencia ao longo de toda a cadea de valor, a súa sustentabilidade e a súa eficiencia enerxética.

n

 

n

(Fonte: ayudas.net)

n