O MIT seleccionará os dez novos españois innovadores máis prometedores

A primeira edición dos premios TR35 Spain, que na súa versión americana xa premiaron a novos talentos de Google, Microsoft e Facebook, entre outros, acaba de poñerse en marca.

n
n

 

n

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) recoñecerá o traballo dos 10 novos innovadores españois máis destacados (ou estranxeiros residentes) menores de 35 anos. Abranguen un amplo abano de sectores como a biotecnoloxía, desenvolvemento de novos materiais, equipos informáticos, enerxía, transporte e Internet. Elixirase ao Innovador do Ano e ao Innovador Solidario do Ano.

n

 

n

"Buscamos persoas cuxo labor en calquera destas áreas supoña unha gran promesa de desenvolvemento de cara ás próximas décadas", explican os organizadores dos premios. O obxectivo é recoñecer o desenvolvemento de novas tecnoloxías ou a aplicación creativa das tecnoloxías xa existentes para resolver problemas actuais.

n

 

n

Os premios TR35 Spain están organizados por Opinno, Open Innovation, co patrocinio de BBVA. O 19 de xuño de 2011 é a data límite de inscrición, mentres que a entrega de premios se celebrará o 26 e 27 de outubro.

n

 

n

En 2010 gañaron o TR35 Global, David Kobia (Ushahidi, 2010), Mark Zuckerberg (Facebook, 2007), Sergey Brin (Google, 2002) e Danah Boyd (Microsoft, 2010).

n

 

n

Premios

n

 

n

A cerimonia de entrega dos premios terá lugar no marco da conferencia de Tecnoloxías Emerxentes (Emtech) do MIT, que se desenvolverá en Málaga os días 26 e 27 de outubro de 2011. Cada finalista dos premios TR35 terá a oportunidade de presentar un elevator pitch do seu proxecto fronte a unha audiencia de alto nivel composta por investidores, tecnólogos e empresarios.

n

 

n

A edición española da revista do MIT dará ampla cobertura informativa ao gañador e aos finalistas, a través dunha entrevista en vídeo e unha reportaxe individuais. Os gañadores da categoría Innovador do Ano e o Innovador Solidario do Ano serán invitados á entrega de premios TR35 Global, que se celebrará no marco da conferencia Emtech Global no Campus de MIT de Cambridge Massachusetts, ofrecéndolles a oportunidade de atoparse cunha comunidade de altísimo nivel de tecnólogos, científicos e empresarios.

n

 

n

Máis información na páxina web de TR35 Spain

n

 

n

(Fonte: Oficina Europea Ministerio de Ciencia)