O MIT lanza a súa convocatoria para mozos innovadores en España

Hai uns días foi lanzada a terceira convocatoria do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) para atopar os 10 mozos menores de 35 anos máis innovadores de España.

n
n

nO MIT convocou os premios Innovadores menores de 35 (antes llamadosTR35) "co obxectivo de recoñecer os novos investigadores e emprendedores que estean a levar a cabo proxectos creativos e inspiradores que dean solución a problemas reais", sinala a institución nun comunicado.
n
nSegundo os organizadores, os gañadores serán recoñecidos non só polos seus avances nun campo de investigación senón pola súa capacidade de xerar un impacto para a sociedade e liderar o futuro das tecnoloxías.
n
nInnovadores menores de 35 abarca todas as áreas da tecnoloxía: biomedicina, enerxía, materiais, telecomunicacións, informática, ou internet. Os únicos requisitos para estar entre os candidatos é ser español e menor de 35 anos. Ata o 13 de xuño de 2013 estará aberto o prazo de nominación. Unha vez pechada a convocatoria, un panel de xuíces expertos en diferentes áreas científicas e tecnolóxicas valorará os perfís. O nome dos gañadores darase a coñecer no mes de setembro na edición en español de MITTechnology Review.
n
nTalento e potencial de crecemento
n
nEspaña conta con dúas edicións previas dos premios que MIT Technology Review convoca dende hai máis dunha década. Entre os premiados da edición global destacan Mark Zuckerberg, fundador de Facebook ou Sergey Brin, de Google. En España, os premios recoñeceron a novos emprendedores como David Gascón, fundador de Libelium, que actualmente comercializa sensores intelixentes en máis de 75 países, ou Javier Agüera, fundador de Geeksphone, a empresa creadora do primeiro smartphone europeo baseado en Android.
n
nPedro Moneo, editor da edición en español MIT Technology Review sinalou durante a presentación da nova edición que "a investigación e a innovación en tecnoloxía son accións clave" para o desenvolvemento económico e social" e desatacou que os mozos premiados entre os Innovadores menores de 35 España son "o mellor exemplo do talento que garda o país e do seu potencial de crecemento".
n
n(Fonte: Innovaticias)
n

n