O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) lanzou a segunda edición dos premios TR35 Spain, que recoñecen os 10 mozos innovadores menores de 35 anos cos proxectos tecnolóxicos máis destacados dos presentados no país.
n
n
n
Segundo os organizadores, o obxectivo dos premios TR35 Spain é premiar o traballo de novos que, mediante o desenvolvemento de novas tecnoloxías ou a aplicación creativa das xa existentes, destaquen na súa área de investigación e sexan unha promesa non só para o futuro da industria na que traballan senón para a sociedade no seu conxunto.
n
n"Os mozos premiados cos TR35 Spain son o mellor exemplo do talento que garda o país", sinalou o director de Technology Review en español, Pedro Moneo, que está convencido de que, malia as dificultades que presenta o contexto actual, "estes premios demostran que hai ilusión, esforzo e moito potencial nos mozos e que é posible apostar por un futuro en positivo".
n
nEstes premios abranguen áreas como a biotecnoloxía, o desenvolvemento de software, o transporte, a enerxía, a nanotecnoloxía e os materiais entre outras. Seleccionaranse proxectos fascinantes, inspiradores e novos capaces de revolucionar o mundo da tecnoloxía e os negocios nos próximos anos. O único requisito para poder optar a eles é que o candidato sexa menor de 35 anos na data de entrega.
n
nDescubrir novos talentos
n
nO MIT concede os premios TR35 en Boston dende hai máis dunha década e teñen un gran prestixio internacional como ferramenta para descubrir novos talentos. Proba diso son os gañadores de pasadas edicións en Estados Unidos, entre os que destacan profesionais como Sergey Brin e Larry Page de Google, e Mark Zuckerberg de Facebook.
n
nDende hai varios anos o MIT puxo en marcha unha estratexia de expansión internacional para descubrir o talento nos países de orixe. Este ano, Technology Review en español lanzou xa a primeira edición dos premios TR35 en varios países latinoamericanos (México, Colombia, Arxentina e Uruguai) coa intención de crear unha comunidade de innovadores e emprendedores de fala hispana que poidan compartir as súas experiencias e aumentar o seu potencial a nivel global.
n
nEn España os premios outorgáronse por primeira en outubro de 2011 e premiaron novos emprendedores españois como Pau García-Milà, fundador de EyeOS; Teresa Gonzalo, fundadora de Ambiox Biotech; ou Javier Agüera, fundador de Geeksphone. "Para todos eles, ser recoñecidos como TR35 Spain supuxo un salto cualitativo nas súas carreiras profesionais e axudounos a desenvolver os seus proxectos empresariais, a aumentar a súa rede de contactos e a gañar forza na divulgación e difusión dos traballos que están a realizar,", sinalan os organizadores dos premios.
n
nO prazo para presentar candidatos está aberto ata o 26 de xullo de 2012. Os aspirantes poden desenvolver o seu traballo en universidades, centros de investigación, negocios emerxentes ou grandes compañías, entre outras institucións ou empresas. Non poden propoñerse a si mesmos senón que han de ser persoas do seu ámbito profesional ou académico os que presenten as súas candidaturas.
n
n(Fonte: SINC)