O MIT crea un espello intelixente capaz de predicir unha posible enfermidade

Se os espellos intelixentes que che mostran combinacións de roupa a modo de probador virtual están ao caer, agora tamén contamos con espellos intelixentes capaces de escanear o teu rostro cada mañá e predicir unha posible enfermidade.

Trátase de Wize Mirror, un dispositivo intelixente desenvolvido polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts que a primeira ollada pasa por un espello ordinario, pero está máis preto de ser un espello de interrogatorio. Tras el, obsérvanos un sistema de cámaras que operan en diferentes lonxitudes de onda, con escáneres 3D e sensores de gas que analizan o aire que exhalamos.

Grazas a esta tecnoloxía, é capaz de detectar a cor do rostro, a fisionomía e o índice de graxa da pel, ademais de medir a frecuencia respiratoria, a frecuencia cardíaca, os cambios químicos e os niveis de hemoglobina.

En base a todos estes datos, o “espello máxico” determina en poucos segundos o estado de saúde do individuo que nel se reflicte, e indícalle os coidados necesarios para a doenza ou enfermidade atopada. Desta maneira, o dispositivo pode levar un rexistro detallado dos cambios de saúde aparentes, demostrando así que a tecnoloxía non ten que ser poñible para facer as veces de médico.

Os ensaios clínicos iniciaranse o próximo ano 2016, chegando a Italia e a Francia para asegurar que as medicións do espello coincidan coas que se darían en centros médicos, xa que o seu uso en en fogares particulares pode ser contraproducente se os cambios de iluminación e outros factores entorpecen a avaliación visual.

(Fonte: EP)