O MIT construirá un transporte hipersónico de pasaxeiros

Un grupo de estudantes de Enxeñería do Instituto de Tecnoloxía de Massachussetts (MIT) gañou un concurso de ideas para construír un transporte hipersónico de pasaxeiros no interior dun tubo.

O concurso foi convocado polo cofundador de Space X e Tesla Motors, Elon Musk, que reuniu esta fin de semana na Universidade de Texas A&M, e contou coa participación de 160 equipos universitarios de 16 países.

O Hyperloop concibido por Musk é un transporte terrestre de alta velocidade para transportar vaíñas con capacidade para entre 20 a 30 persoas a través dun tubo de diámetro de 4 metros a unha velocidade de aproximadamente 1200 quilómetros por hora.

O desprazamento nun tubo ao baleiro por enriba do chan diminúe a forza de arrastre do aire atmosférico e permite un transporte de pasaxeiros a gran velocidade cun baixo consumo de enerxía, destacan no MIT.

A Universidade Tecnolóxica de Delft de Holanda rematou en segundo lugar, a Universidade de Wisconsin terceira, seguidas de Virginia Tech e a Universidade de California, Irvine.

O equipo do MIT construirá agora as súas vaíñas e probaranas na primeira pista de probas de Hyperloop do mundo, que mide máis de 1,5 quilómetros e estase a construír en Hawthorne, California, sede de SpaceX.

(Fonte: EP)