O Ministerio de Economía convoca axudas por 40 millóns para equipamento de I+D en empresas e entidades de parques tecnolóxicos

A Secretaría de Estado de I+D+i acaba de publicar a convocatoria 'Equipa', cunha dotación de 40 millóns de euros. Incluída no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016, a convocatoria financiará accións de adquisición de equipamento científico-tecnolóxico para a realización de actividades de I+D.

n
n

nO obxectivo da convocatoria 'Equipa' é dotar de equipamento ás entidades instaladas en parques científicos e tecnolóxicos, co fin de promover unha investigación científico-técnica de calidade que potencie o desenvolvemento de actividades empresariais de I+D altamente competitivas e de contribuír ao desenvolvemento rexional. Os destinatarios da convocatoria son empresas, centros tecnolóxicos privados e centros de apoio á innovación tecnolóxica privados.
n
nCaracterísticas
n
nAs actuacións de adquisición de equipamento terán un presuposto mínimo de 50.000 euros, serán individuais e anuais (realizaranse en 2014).
n
nSerán financiables a adquisición de equipamento- científico tecnolóxico; a instalación de equipamento, necesario para a posta en funcionamento; e programas e aplicacións informáticas de carácter especializado, necesarios para a utilización do equipamento adquirido.
n
nAs axudas concedidas serán en forma de empréstito, cunhas condicións moi vantaxosas: unha contía máxima do 75% dos gastos subvencionables, a un interese igual ao Euribor, e un período de amortización de 10 anos (nos que se inclúen 3 anos de carencia).
n
nMás información aquí.
n
n(Fonte: Ministerio de Economía)

n