O Ministerio de Economía convoca axudas para contratar persoal de I+D

O Ministerio de Economía e Competitividade publicou a convocatoria do subprograma Inncorpora 2012 para a contratación a xornada completa de tecnólogos titulados universitarios e doutores para a súa participación na realización dun proxecto concreto de I+D, en réxime de concorrencia competitiva e aplicando os principios de publicidade e obxectividade.

n
n

nA finalidade é promover a contratación e reforzar a formación de tecnólogos titulados universitarios no sector empresarial, para deste modo mellorar a cualificación do persoal dedicado á I+D+i en España, estimular a transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao sector produtivo e promover a innovación empresarial; así como impulsar a dimensión europea e internacional das súas actividades de I+D+i.
n
nPódense beneficiar desta convocatoria as empresas, incluídas as spin-off, os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica. Tamén está orientada ás asociacións empresariais e os parques científicos e tecnolóxicos.
n
nOs beneficiarios han de ser titulados universitarios e doutores que non estiveran contratados laboralmente coa entidade beneficiaria da axuda deste subprograma nin con ningunha outra entidade relacionada accionarial ou socialmente con esta (exceptuando algúns casos), entre o día 16 de maio de 2011 e a data de apertura do prazo de solicitude de axudas. O presuposto total do subprograma Inncorpora ascende a 91,2 millóns de euros.
n
n(Fonte: Cinco Días)

n