O Ministerio de Economía concede case 100 millóns de euros en axudas do Programa INNPRONTA

n

n

O Consello de Ministros autorizou a concesión das axudas correspondentes á convocatoria do ano 2011 do Programa INNPRONTA. Esta iniciativa, convocada polo Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de I+D+i, está dirixida a subvencionar grandes proxectos de investigación industrial de carácter estratéxico, gran dimensión e longo alcance científico-técnico, en áreas tecnolóxicas de futuro, con proxección económica e comercial a nivel internacional.

n

n

n

 

n

n

n

Os proxectos INNPRONTA, dunha duración de catro anos, foron aprobados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e supoñen un salto cualitativo na colaboración en I+D entre empresas e organismos de investigación. En canto a estes últimos, cabe destacar a participación das universidades (48,28%), seguida dos centros públicos de investigación (32,18%) e os centros de innovación e tecnoloxía (19,54%).

n

 

n

Os proxectos aprobados oscilan entre os 12 e 16 millóns de euros e serían os seguintes: LIFE presentado por Eresa; INCOMES por Morella; IISIS pola construtora FCC; ADAM liderada por Boeing; PERIXEO pola empresa Deimos; ITACA liderada por Adasa Sistemas e, por último, CIDADE 2010 encabezada por Indra.

n

 

n

(Fonte: La Moncloa)

n

n

n

 

n