Counterest instalou sensores deste tipo nunha das estacións da capital británica máis concorridas, London Bridge. O sensor permite contar as persoas que se atopan nun recinto, como neste caso, ou noutros espazos como pode ser un museo. Trátase dunha proba piloto á cal probablemente lle seguirán algunhas outras en distintos sitios de Londres.
É un proceso que até hai pouco se facía manualmente e que agora se pode levar a cabo mediante un sensor de tres dimensións que é capaz de recoñecer a forma das persoas desde o teito.
Os sensores que se instalan recollen os datos que despois se soben inmediatamente á nube. Por iso, a Universidade de Cambridge mostrou tanto interese neste proxecto.
O obxectivo é crear unha rede de metro eficiente que dea resposta ás necesidades dos usuarios, que previamente foron analizados.
O sistema –polo que xa se interesou a entidade metropolitana de Berlín, entre outras– busca as formas sen importar cantas haxa e dispón doutra vantaxe moi valorada polos consumidores como é o respecto á privacidade. A solución de Counterest interesou tamén á prestixiosa aceleradora Startupbootcamp de Berlín –centrada en transporte intelixente e enerxía. En xaneiro ou febreiro, Counterest irá a Silicon Valley.
(Fonte: Spain Technology)