Telefónica presentou o informe Things Matter, un estudo sobre Internet das Cousas, tamén como coñecido pola siglas IoT (Internet of Things) centrado no usuario e que toma o pulso á realidade de IoT en España a partir de enquisas, entrevistas en profundidade e experiencia directa dos entrevistados con solucións IoT ou cousas conectadas, vehículo e maleta conectados, tracker para mascotas, probador intelixente, etcétera.
Este estudo é un primeiro paso cara ao coñecemento real de como se relacionan as persoas con este novo escenario de cousas conectadas, cousas que empezan a falar connosco dunha forma sinxela a través dos nosos dispositivos. Segundo os analistas, o mercado de IoT alcanzará os 800.000 millóns de dólares en 2017 pero, máis alá destas magnitudes e para que IoT avance correctamente, é fundamental coñecer cal é o grao de coñecemento e adopción tecnolóxica no que nos atopamos. “O informe Things Matter avanza neste sentido co obxectivo de ser unha fotografía en alta definición dun instante concreto na evolución da experiencia de uso de IoT en España”, explicou durante a presentación Vicente Muñoz, Chief IoT Officer de Telefónica.
O estudo centrouse en ámbitos de Internet das Cousas e situacións asociadas que lle son familiares ao usuario. En concreto o vehículo conectado, como é a experiencia de conducir un coche conectado; solucións aplicadas á industria conectada como a xestión de frotas, o seguimento e estado das mercadorías; a tenda conectada como o probador intelixente ou as etiquetas intelixentes, ou que sente ao interactuar cun probador intelixente nunha tenda de roupa infantil.
The Thinx
No marco da presentación tamén se mostrou The Thinx, unha iniciativa innovadora e única de Telefónica para fomentar un ecosistema aberto de desenvolvemento de Internet das Cousas a través da experimentación real das novas conectividades de IoT. Basicamente son espazos abertos aos que poden acceder dende desenvolvedores ata partners ou emprendedores, e que permiten cubrir todo o proceso de desenvolvemento dunha solución IoT dende o prototipo ata a proba nun ámbito real. Para iso Telefónica pon a disposición dos usuarios unha réplica exacta das redes, así como o soporte necesario para conectar e integrar as tecnoloxías nas solucións IoT.
(Fonte: Innovaspain)