O magosto de Tecnópole cumpre dez anos o próximo 3 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 3 de novembro a celebrar o décimo aniversario do Magosto Tecnópole, que terá lugar ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI.

Este ano retómase o concurso de sobremesas, no que os participantes están retados a presentar a proposta máis apetecible para levar o primeiro premio.

Á celebración, que ten lugar dende hai xa dez anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores. Para asistir soamente é necesario enviar un correo antes do 1 de novembro isabel@tecnopole.esa, co fin de que a previsión de asistencia sexa o máis axustada posible á realidade e a ninguén lle falten castañas asadas, viño e chourizos.

(Fonte: Tecnópole)