O investigador da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo Ángel Dacal desenvolveu un novo sistema que permitirá inspeccionar toda a produción de pataca, e non só unha mostra, para garantir a calidade dos tubérculos.
n
n
A innovadora tecnoloxía de 'procesamento de imaxes e visión hiperespectral' evitará que se colen na recolección e almacenamento patacas con enfermidades como a sarna común, o verdeo ou a podremia seca. Un dos avances deste novo sistema é que a inspección da produción se poderá realizar de forma non destrutiva, obxectiva e automática.
n
n
Para a detección de enfermidades utilízase o recoñecemento de patróns predefinidos, que permiten identificar as posibles deficiencias nos tubérculos cando son monitorizados na cadea de produción. "A falta de automatización na industria da pataca é unha problemática que detectei antes de desenvolver a investigación, neste contexto, quixen contribuír co meu traballo á mellora das técnicas de control da calidade neste sector tan deficitario tecnoloxicamente", explica Dacal.
n
n
A investigación que dirixiron os profesores Arno Formella e Pilar Isabel Carrión enmárcase dentro dun proxecto máis amplo do Campus de Ourense denominado Visiocal, no que participa a Universidade de Vigo, o Laboratorio Oficial de Meteoroloxía de Galicia (LOMG) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
n
n
Un dos seus obxectivos é que se poida aplicar noutras industrias agroalimentarias, como a castaña, onde 'o uso das novas tecnoloxías será unha vía esencial no futuro para mellorar a competitividade e eficiencia das empresas do sector', segundo apunta o autor do traballo.
n
n
As novas tecnoloxías están a xogar un papel fundamental na busca de produtos alimentarios cunha calidade cada vez maior, tanto polas súas repercusións na saúde humana coma na calidade da industria alimentaria autóctona, polo que o Campus seguirá desenvolvendo investigacións nesta mesma liña.
n
n
(Fonte: La Región)
n