O ‘laboratorio vivo’ que conecta todas as posibilidades do 5G

O despregamento do 5G comeza a tomar forma en España grazas ao labor de proxectos como 5Tonic, onde empresas e institucións interesadas nos posibles usos desta tecnoloxía teñen a oportunidade de levar a cabo proxectos e investigacións nun espazo provisto de toda a infraestrutura necesaria e que brinda as capacidades completas dunha rede comercial nunha contorna reducida e controlada.

Un «laboratorio vivo» (tal e como o define o seu director técnico, Ignacio Berberana), liderado por Telefónica e Imdea Networks. Este sólido banco de probas do 5G é un ecosistema onde se testa e se promove o desenvolvemento das funcionalidades dunha tecnoloxía que abre un mundo de novas posibilidades pero en gran medida aínda por explorar.

Os expertos coinciden en que dúas das principais vantaxes da tecnoloxía do 5G son un menor consumo enerxético e a posibilidade de conectar máis dispositivos nunha determinada zona sen comprometer a velocidade de conexión. Son dous elementos que deben axudar a expandir as capacidades intelixentes a dispositivos de uso diario como os reloxos, os coches ou mesmo as pezas de vestir. É a denominado Internet das cousas (“Internet of things”).

Fonte: ABC