O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia presenta os seus proxectos educativos mediante a exposición ‘Medindo o Universo’

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) presenta mañá venres 11 de abril as súas actividades de divulgación científica para 2008 coa exposición ‘Medindo o Universo’. O acto, que se celebrará nas súas instalación da Tecnópole, contará coa presencia do delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón Dacal, e do director do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, Antonio González Lorenzo.

O primeiro proxecto para este 2008 son as visitas didácticas que o LOMG organizará ás súas instalacións, orientadas a estudiantes de secundaria de toda Galicia. Acompañados por monitores especializados, os escolares recibirán explicacións didácticas sobre metroloxía aplicada, centrándose no mantemento e diseminación das unidades do S.I., ademáis de coñecer instrumentación e técnicas científicas.

O outro proxecto para este ano é unha exposición itinerante, denominada ‘Expo LOMG’, que percorrerá os centros educativos de Galicia. O LOMG porá a disposición dos centros un conxunto de paneis sobre a historia da metroloxía, co obxectivo de achegar a ciencia das medicións ós máis novos. Ademáis, proporcionaráselle máis información ós centros para axudarlles na organización de actividades paralelas e complementarias á exposición. Neste proxecto, coma no anterior, o LOMG colabora coa empresa Altega para a xestión das actividades.

Ámbolos dous proxectos están encadrados nas accións ‘Diverciencia’ do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do IN.CI.TE., iniciativa financiada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria. Este programa fomenta a divulgación das accións científicas, promove a participación dos cidadáns nas actividades de I+D+i e busca unha sociedade ben informada en temas de ciencia e tecnoloxía.

Para máis información sobre os proxectos, existe o portal www.medindo.org, onde é posible mesmo solicitar reserva para as actividades.