O investimento en I+D da industria farmacéutica caeu un 5% en 2011

A industria farmacéutica atópase en horas baixas. Os investimentos en I+D do sector caeron un 5,3% en 2011, ata situarse en 974 millóns de euros. Segundo Farmaindustria, o forte impacto das medidas de contención do gasto en medicamentos en 2010 e 2011 tivo a culpa.

n
n

nSegundo a patronal farmacéutica, é a primeira vez dende 2007 que o investimento en Investigación e Desenvolvemento cae por debaixo dos 1000 millóns de euros, confirmando a gradual desaceleración dos últimos anos.
n
nEn opinión de Farmaindustria, a causa hai que buscala nos "fortes axustes que está a sufrir o mercado". De acordo cos datos que manexa a asociación, o ano pasado un total de 4490 persoas traballaban nas áreas de I+D das empresas farmacéuticas, "o nivel máis baixo dende 2006". De feito, malia que o investimento se contraeu en 2011 por primeira vez en varios anos, o emprego en I+D caeu por segunda vez consecutiva "algo inédito nos últimos anos" subliña a patronal.
n
nDos 974 millóns destinados a I+D en 2011, 470 millóns destináronse ao investimento en ensaios clínicos e máis de 137 millóns de euros a investigación básica. Segundo Farmaindustria, o investimento en investigación clínica levado a cabo pola industria farmacéutica aumentou un 82% nos últimos 8 anos, pasando de 258 millóns de euros en 2003 aos 470 millóns de euros do pasado exercicio.
n
nO 43% do investimento total en I+D dedicouse a contratos de investigación con hospitais, universidades e centros públicos (I+D extramuros), mentres que os gastos intramuros ascenderon a 559 millóns de euros, dos que o 49,3% realizáronse en Cataluña, o 38,7% en Madrid e o 12% restante entre outras comunidades autónomas e o estranxeiro.
n
n(Fonte: Expansión)

n