Os orzamentos en ciberseguridade medrarán a nivel global nos vindeiros tres anos en pemes e grandes empresas até un 10%, segundo o informe anual Economía de Seguridade TI de Kaspersky, elaborado en base a 3.230 entrevistas a empresas de máis de 50 empregados en todo o mundo.
O orzamento medio en ciberseguridade para as corporacións con 6,7 millóns de investimento especificamente dedicado á área de TI foi de 3,5 millóns de dólares en 2022. Pola súa parte, as pemes cun orzamento global para TI de 375.000 dólares investiron 150.000 dólares en seguridade, segundo figura no documento.
Entre os motivos para aumentar o orzamento en seguridade, os enquisados destacan a maior complexidade das infraestruturas TI e a necesidade de mellorar o nivel dos profesionais especializados en ciberseguridade. A incerteza xeopolítica e económica é tamén clave para aumentar o orzamento en ciberseguridade, destacan desde Kaspersky.
Fonte: Expansión