O investimento de fondos de capital risco en empresas galegas derrúbase un 90% nun ano

n

n

O investimento en Galicia dos fondos de capital risco como colchón financeiro para os proxectos empresariais derrubouse, alcanzando en 2011 o nivel máis baixo dos últimos cinco anos. Se ben o número de operacións polas que apostaron estas entidades non diminuíu con tanta intensidade, cunha media de 20 proxectos empresariais financiados cada semestre, si se percibe unha forte caída no volume de diñeiro que os fondos de capital risco confían aos empresarios, é dicir, trátase de operacións de menor valor. A caída entre o primeiro semestre de 2010 e o mesmo período de 2011 alcanzou o 90%, pasando de 171,2 millóns de euros a tan só 12,3.

n


n

 

n

n

É a menor cantidade dende 2007 na estatística da comunidade galega mentres que no conxunto de España a caída rexistrada no cómputo anual é bastante máis moderada, rozando o 10%. A caída do volume investidor en Galicia é especialmente significativa tras un 2010 de marca histórica, con 350 millóns de euros investidos polos fondos galegos no financiamento de empresas (170 no primeiro semestre e 180 no segundo), segundo os datos achegados pola Asociación Española de Entidades de Capital Risco (ASCRI).

n

 

n

Tanto é así que en 2010, tendo en conta as estatísticas por comunidades autónomas, Galicia ocupaba o terceiro posto da táboa nacional en investimento de capital risco, instrumento clave para medir o desenvolvemento social e económico, só superada por Madrid e Cataluña, segundo Ascri.

n

 

n

Dese terceiro posto nun ano especialmente bo para o capital risco, en 2011 a comunidade galega pasou ao oitavo en volume de investimento. ¿En que comunidades funcionou mellor no ano que acaba de rematar o vínculo entre os investidores mediante participacións para impulsar a actividade empresarial e contribuír así a xerar riqueza? En Madrid, Murcia, Cataluña, Navarra, Castela e León, País Vasco e Comunidade Valenciana.

n

 

n

Tope investidor

n

 

n

O capital risco inclúe dende as fases iniciais para emprendedores que poñen en marcha novos proxectos, os chamados semente, ata impulsos a empresas xa consolidadas que dan un paso máis na súa andaina. Ademais, segundo expertos consultados, hai subsectores en función dos límites do investimento. "Por poñer dous extremos: hai fondos (normalmente internacionais) que non se formulan operacións de menos de 100 millóns de euros de investimento, que toman participacións xeralmente maioritarias e o seu obxectivo é a mera rendibilidade e outros (case sempre máis locais) que fan operacións moito máis pequenas (no noso caso temos un tope máximo actual de tres millóns por proxecto) que case sempre funcionan en minoría accionarial e que en moitos casos buscan a rendibilidade como medio para seguir apoiando a novas compañías e proxectos", explican fontes de Vigo Activo, un dos fondos de capital risco de Galicia, xunto a Xesgalicia, Unirisco/Uninvest ou GesGaixaGalicia, todos eles socios de Ascri.

n

 

n

O óptimo funcionamento entre as empresas que optan por recorrer a un fondo deste tipo para lograr financiamento depende de ambos os dous: a empresa debe aceptar termos e comprometerse e o fondo ha de apostar pola viabilidade do proxecto empresarial, identificando se a idea se axusta ao que o capital risco quere.

n

 

n

No ámbito nacional o investimento das entidades de capital risco durante 2011 alcanzou os 3249 millóns de euros, volume lixeiramente inferior ao de 2010 aínda que supera notablemente o de 2009. Segundo Ascri e webcapitalriesgo.com a maioría destes investimentos foron realizadas por fondos internacionais, con operacións como as de Blackstone en Mivisa, PAI en Swissport, CVC en Capio, Carlyle en telecable ou First Reserve en Abengoa, todas elas superiores aos 100 millóns de euros.

n

 

n

Por sectores, o maior volume de investimento en capital risco produciuse en empresas de informática, seguida de proxectos centrados na enerxía e os recursos naturais, a biotecnoloxía e a xenética e tamén en compañías de hostalería e ocio. Segundo Ascri, estes fondos teñen en carteira, susceptibles de ser investidos, 3200 millóns. Se ben o montante é elevado, só 700 millóns son para proxectos emprendedores, é dicir, para compañías en fase de arranque.

n

 

n

(Fonte: Faro de Vigo)

n

n

n

 

n