O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial presenta en Tecnópole os seus servizos a empresas

O próximo venres 28 de xuño Tecnópole acollerá a xornada "Solucións Innovadoras con Tecnoloxía Matemática", na que o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial presentará os seus servizos a empresas.

n
n

nA xornada, que se desenvolverá entre as 12.15 e as 14.30 horas, comezará cunha exposición sobre as utilidades que ten a tecnoloxía matemática para a empresa e de que xeito pode contribuír a mellorar a súa competitividade como ferramenta facilitadora da innovación.
n
nA continuación, presentaranse varios casos de éxito reais para que os asistentes poidan ver exemplos prácticos de aplicación de tecnoloxía matemática á industria e abrirase a posibilidade de que os empresarios participantes celebren encontros bilaterais con técnicos de ITMATI para facer consultas.
n
nO Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial constituíuse en febreiro deste ano. Trátase dun consorcio que aglutina os recursos das tres universidades galegas para promover a transferencia da tecnoloxía matemática e dar respostas eficaces e áxiles ás demandas das empresas, das industrias e das administracións públicas.
n
nAínda que a súa actividade diríxese a todo tipo de sectores, principalmente ofrecen servizos en aeronáutica, administracións públicas, agricultura, alimentación, automoción, biomedicina, farmacia e saúde, construción, economía e finanzas, enerxía, estudos sociais, informática e comunicacións, loxística e transporte, materiais, medio ambiente, naval, recursos mariños e acuicultura, sanidade e turismo e ocio.

n

 

n

A inscrición pode formalizarse pincando aquí.
n
n20 anos de experiencia
n
nITMATI está promovido por once investigadores pertencentes a nove grupos de investigación en Matemática aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. O equipo de promotores conta con ampla experiencia e recoñecido prestixio no desenvolvemento de solucións para o mundo da empresa, ben de forma autónoma, ou en colaboración coas propias empresas, ou con equipos doutras áreas de coñecemento.
n
nA creación e posto en marcha do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial foi un paso máis para a consolidación do posto de liderado que actualmente ocupa a matemática industrial galega. Esta posición é recoñecida tanto a nivel nacional como internacional, grazas ao intenso traballo de transferencia de tecnoloxía a empresas e outros axentes de todos os sectores produtivos realizada ao longo dos últimos 20 anos polos grupos de investigación galegos promotores de ITMATI.

n