O IGAPE presenta en Ourense os servizos que presta a empresas a través do programa Re-Acciona

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presenta en Ourense os servizos a empresas que presta a través do programa Re-Acciona. Será o próximo mércores 18 ás 12 horas na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

n
n

nEste programa, financiado con fondos FEDER, baséase na prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás Pemes servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sustentables.
n
nDurante a xornada presentaranse as principais características do Re-Acciona, celebrarase unha mesa redonda de axentes colaboradores no programa e exporanse experiencias reais de participación nesta iniciativa por parte de empresarios.
n
n(Fonte: IGAPE)

n