O IGAPE convoca axudas á internacionalización das empresas galegas

n

n

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocou as súas axudas para a internacionalización das empresas galegas.

n

n

n

 

n

n

Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia (2007-2013). O presuposto total destinado a estas axudas será de 3 millóns euros tanto para o 2012 como para o 2013, 2,5 millóns para 2014 e 1 millón para 2015.

n

 

n

O obxectivo destas axudas é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

n

 

n

Con esta finalidade ofrécese axuda económica para o desenvolvemento da estratexia de internacionalización das empresas, contribuíndo financeiramente á execución de plans específicos de promoción. Así mesmo, considérase tamén que se deben primar as accións promocionais conxuntas por parte de empresas galegas mediante maiores niveis de apoio en tanto que permiten un uso máis eficiente dos recursos.

n

 

n

As liñas de axuda á internacionalización das empresas galegas cobren a participación en eventos expositivos que se celebren fóra de España; as accións de mercadotecnia, comunicación e marca; as misións inversas; e a prospección internacional.

n

 

n

As empresas galegas interesadas terán de prazo para presentar as solicitudes dende finais de marzo ata finais de maio, dependendo da tipoloxía das axudas. As bases están dispoñibles aquí.

n

 

n

(Fonte: IGAPE)

n

n

 

n