O Instituto de Comercio Exterior (ICEX) acaba de convocar as súas axudas de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional, no marco do programa ICEX Next.
n
n
nO obxectivo destas axudas é acelerar e consolidar o crecemento internacional de pemes españolas non exportadoras ou exportadoras ocasionais que conten cun proxecto competitivo. Poden presentarse empresas con produto ou servizo propio, con potencial exportador e cuxa exportación non supere o 30% da súa facturación, con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización e con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación.
n
nA duración do Programa será de 24 meses dende a concesión da axuda. ICEX Next conta cun total de 60 horas de Asesoramento personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior.
n
nA empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, seleccionar aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade. Así mesmo, apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos Club Next.
n
nAs empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición no Programa a través da web de ICEX e mantense aberta ata o 31 de decembro de 2013. Despois un consultor externo realizará unha análise do modelo de negocio e potencial internacional da empresa que elixirá as empresas admitidas ao Programa en virtude dos seguintes criterios de selección: calidade, solidez e viabilidade do modelo de negocio da empresa e sustentabilidade futura do proxecto de exportación; e factores de competitividade diferenciais, de base tecnolóxica, intensivas en deseño, innovadoras e/ou forte capacidade de crecemento internacional.
n
nMáis información aquí.
n
n(Fonte: Emprendia)