Piosphere é unha iniciativa da Cámara de Comercio Alemá para España co obxectivo de desenvolver un ecosistema emprendedor Hispano-Alemán. Este ano celebra o I Premio Piosphere 2016 e selecciona a mellor startup española. O gañador recibirá 3000 € e estará presente na BayStartUp DemoNight en novembro do ano 2016 en Munich (incluídos os voos e o aloxamento para dúas persoas).
Poden participar startups con sede en España cunha vida menor a cinco anos e con marcado carácter tecnolóxico. As candidaturas deberán poder englobarse nalgunha destas subcategorías: Big Data, Internet of Things (IoT), BioTech, FinTech, New Materials, Cybersecurity, Software engineering, Industrial solutions, Telecommunications, Cloud Computing, E-Commerce, Smart Cities, eHealth e Nutrition.
As startups poden inscribirse ata o 30 de abril e a entrega do premio terá lugar 9 de xuño xunto coa do Premio Excelencia da Cámara de Comercio Alemá para España.
A inscrición pode formalizarse aquí.
(Fonte: Europa 2020)